Serafin's profileLa Ciudad de las 3 TPhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    April 17

    Estou de volta

    Foron semanas inesquecibles para min dende a miña última entrada neste blog. Dende a miña viaxe a Amsterdam, donde visitei a Lurdes, Rafa e a sorprendente Naza. Moi bos recordos, birras a 1,20 euros e... en fin, que contar de Amsterdam. Pouco turismo...
     
    De seguido chegaron os meus pais. Que pasaron aquí case unha semana. Foi moi agradable a súa visita, sobre todo porque nos rimos moito e pudien ver o meu pai -que dende outubro non o tiven preto-. Anécdotas varias. Non falar da relación amorosa do meu pai co can do meu piso. Como non ía ser menos, só lle faltaba que fose de caza... jajaja. Nin que decir ten o cocido que preparou miña nai, emulando eses míticos domingos na casa da miña avoa. Eses domingos de resaca, que se cura con unhas boas patatas con verdura e aderezadas con kilos e kilos de graxa carnívora de porco, vaca et cétera...
     
    Acto seguido chegaron, así de improvisto, as vacacións de Semana Santa, na que cos meus amigos Borja (bilbaíno con raíces en Boimorto, estudiante de Xornalismo) e Silvia (tamén con legames galegos por parte de nai e estudiante de Veterinaria) me acompañaron por toda Europa. O viaxe comezou por Trieste, famosa cidade dende que a incombustible Carrá lle dedicou aquela famosa estrofa: "Come bello far l'amore da Trieste in giù..."; seguido de Liubliana, Bratislava (a discoteca de Europa, sen dúbida algunha), Zagreb (con millares de cachondísimas por metro cadrado), Budapest (co inesquecible balneario), Viena (demasiado perfecta para ser verdade, será parte dese encanto que a realeza española governase alá tantos anos?), Praga (e a súa Hoengarden a 39 coronas, pouco máis de un euro), Berlín (pasado e presente de pantasmas bélicos perfectamente conservados e non esquecidos... Que envexa iso de poder falar sen restriccións dun pasado tan negro como a Alemaña da II GM), Munich (efervorescencia pura e dura), Innsbruck (co seu encanto de val de montaña, qué recordos de Heidi por aqueles paraxes), Bolzano e por último Trento...
     
    Unha viaxe moi completa. Anécdotas para encher un libro e cervexa como para encher os máis sedentos bandullos. E sobre todo, boa compañía... Nunca esquecerei estes días con vós Silvia e Borja.
     
    Agora, unha vez aterrado en Bologna a miña vida continuará co último bimestre (sei que soa mal, pero aquí os meses académicos divídense así). Asignaturas interesantes, sen preferencias para Erasmus (cachi en la mar, pero bueno). Menos mal que nos queda o sol e os xardíns para pasar horas e horas pensando en nada e falando de todo...